O Concello da Pontenova nomeou este xoves Fillo Adoptivo do municipio ao médico afincado nesta vila, Ramón Castro.
Castro (Arzúa, 1953) licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago no 1979. Ao longo da súa traxectoria profesional desenvolveu o seu traballo nos concellos de Monforte de Lemos, Guntín, Paradela, Monterroso e Triacastela.
Chegou á Pontenova para exercer como médico no 1995. É un gran afeccionado á caza e a pesca, e gañou o campionato provincial desta actividade.
ACTO
O alcalde da Pontenova, Darío Campos, presidiu o acto acompañado de toda a corporación municipal, así como da subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e numerosos veciños.
Campos destacou o “traballo, esforzo e dedicación” do homenaxeado, pero sobre todo “o seu compromiso coa saúde de todos os seus veciños. E este acto tamén ten que servir para espertar conciencias e dignificar esta profesión”.