Os mariñaos Francisco Lombán e Cristina Ares, ouro no campionato Galego da FP

O alumno do Porta da Auga resultou gañador na proba de pintura e decoración e a estudante do San Rosendo de Mondoñedo foi a mellor en floraría

Francisco Lombán, gañador da proba de pintura e decoración. AXM

A Mariña colleitou dúas medallas de ouro no certame Galicia Skills, o concurso convocado pola Xunta de Galicia e que se celebrou desde o pasado mércores na Feira Internacional de Silleda.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional congregou a 137 alumnos participantes, acompañados dos seus titores, de 52 centros públicos. Houbo ata 26 modalidades diferentes, na que os estudantes mostraron as súas destrezas.

Francisco Lombán Silvosa, natural de Barreiros e alumno do CIFP Porta da Auga de Ribadeo, acadou o primeiro premio na proba de pintura e decoración. O seu titor foi José Fernando Méndez de Andrés Rodríguez.

Cristina Ares, gañadora en floraría.

Pola súa banda, Cristina Ares Rivas, de Abadín e alumna do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, levou a medalla de ouro na competición de floraría. A súa titora foi Ángeles Camino Saco.

AO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Os dous alumnos mariñaos, ao recibir a medalla de ouro, competirán representando a Galicia nos premios a nivel estatal, Spain Skills 2019.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here