A Xunta intervén en tres vertedoiros ilegais de Trabada

O Goberno autonómico recollerá o lixo acumulado nos lugares de Fornea, Vilapena e Abres

Imaxe de arquivo dun vertedoiro. AXM

A Xunta de Galicia anunciou que este luns iniciou os traballos para a eliminación de tres puntos de vertido incontrolado (PVI) no municipio de Trabada.

En concreto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a actuar nos lugares de Fornea, Vilapena e Abres.

Segundo explicou o Executivo autonómico, os traballos consistirán na recollida, clasificación e retirada do material acumulado nestas zonas.

A primeira vista, sinalan desde o Goberno galego, trátase de residuos procedentes da construción e demolición, plásticos, pneumáticos fóra de uso, lixo de aparellos eléctricos e electrónicos e restos de poda.

Os traballos incluirán a revexetación dos solos mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira.

As actuacións, cun orzamento que supera os 15.000 euros, forma parte dunha campaña continuada da Xunta para identificar e erradicar estes focos.

Nestes puntos acumúlanse residuos sólidos de distinta natureza co prexuízo que ocasiona para a contorna desde un punto de vista ambiental e estético.

ELIMINAR HÁBITOS

Coa limpeza dos puntos de vertido incontrolado perséguese, segundo a Xunta, minimizar e corrixir os impactos e a degradación ambiental orixinados por este tipo de acúmulos. Así, acádase a integración do lugar coa súa contorna e elimínase o hábito entre a poboación de seguir depositando lixo nestes lugares.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here