O novo edificio do hospital e mailo párking abrirán este mércores e implicarán cambios na circulación

A área ampliada suporá o novo acceso principal ao centro hospitalario da Mariña

Cambios no tráfico por mor da ampliación do Hospital. AXM

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) poñerá este mércores en funcionamento a área ampliada do Hospital da Mariña e o novo párking anexo. A utilización das novas instalacións suporá cambios na circulación da área perimetral do centro hospitalario.

As novidades afectarán principalmente á modificación dos sentidos de circulación de vehículos na contorna do Hospital de A Mariña.

Estes cambios son precisos, apunta o Sergas, pola entrada en funcionamento do párking e para facilitar a circulación de vehículos, así como o acceso de servizos de emerxencia.

a vía principal que dá acceso ao hospital será de dirección única de leste a oeste

A vía principal que dá ao Hospital de A Mariña e ao párking –Rafael Vior– será de dirección única de leste a oeste, de xeito que os usuarios deberán acceder a ela a través do cruce coa Rúa dos Institutos.

A rúa de subida desde Camiño Real manténse en doble dirección, pero finaliza en rotonda e non se poderá acceder desde ela á entrada principal do hospital ni acceder á rampla.

a subida desde camiño real rematará en rotonda e non se poderá acceder desde ela á entrada do centro hospitalario

Os accesos ao Servizo de Urxencias do Hospital de A Mariña dende a vila deberán realizarse a través da rúa Camiño Real e da Rúa dos Institutos.

Estes cambios, acordados co Concello de Burela entrarán en vigor este mércores, coa posta en marcha das novas instalacións do Hospital de A Mariña.

O Sergas lembra que o novo edificio hospitalario será a partir de entón o acceso principal ao Hospital de A Mariña, de xeito que este centro contará cunha entrada máis accesible para todos os cidadáns que a que había ata o de agora, a través da rampla.

INVESTIMENTO

O Sergas destaca que o novo edificio anexo está integrado estética e funcionamente co actual e suporá un incremento da súa superficie de máis de 6.000 metros cadrados.

O Goberno autonómico, asegura o Sergas, investiu máis de doce millóns de euros na infraestrutura.

INSTALACIÓNS

O Sergas convocou, para as 12.30 horas deste martes, unha rolda de prensa na que se explicará o funcionamento das novas instalacións, que se irán abrindo progresivamente.

A xerente executiva do Sergas Mariña, María José Cortés Canay, e a subdirectora médica do Hospital da Mariña, Eva López Roca, abordarán o cronograma de apertura das obras de ampliación.

Tamén exporán a planificación prevista para o traslado das distintas unidades e servizos ao novo edificio.

PLATAFORMA

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña instalará este martes no Hospital da Mariña, de 11.00 a 13.00 horas, a unidade móbil de axuda coas reclamacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here