IniciosociedadeFomento somete a información pública o treito Barreiros-Foz da autovía A-74

Fomento somete a información pública o treito Barreiros-Foz da autovía A-74

O tramo ten unha lonxitude de 11,5 quilómetros e o orzamento ascenderá a 241,4 millóns

Publicada o

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento iniciou o trámite de información pública do proxecto de trazado do primeiro tramo da autovía A-74, que comprende o treito Barreiros-Foz.

Así o recolle este martes o Boletín Oficial do Estado (BOE). O tramo sometido a información pública ten unha lonxitude de 11,15 quilómetros e contempla a execución de tres enlaces (Barreiros, O Carme e Foz). O investimento, segundo Fomento, será de 241,4 millóns de euros.

ENLACES

O trazado da A-74 comeza na A-8 en Barreiros, onde se remodelará –mediante un ramal bidireccional– o enlace existente que xa foi proxectado e construído de forma coordinada coa futura insfraestrutura.

O proxecto inclúe un semienlace no Carme, que habilitará unha conexión coa estrada LU-152, en sentido Oviedo; e o enlace de Foz, que une a autovía coa N-642.

VIADUCTOS

Fomento proxecta tamén oito novos viaductos, cunha altura entre os 225 e os 820 metros, da zona do Centiño. Dos 11,15 quilómetros do trazado, estas construcións suporán 3,17, o 28% da lonxitude do trazado total.

Mapa do treito. FOMENTO

TÚNEL ARTIFICIAL EN SAN MARTIÑO

Tamén se construirán un túnel artificialSan Martiño– de 0,3 quilómetros de lonxitude, cinco pasos superiores, once inferiores e cinco muros.

Este túnel artificial proxectouse para minimizar os impactos visuais dos desmontes na conca da basílica de San Martiño de Mondoñedo.

Neste senso, segundo o Goberno central, proxectáronse “todas as medidas de adecuación recollidas na Declaración de Impacto Ambiental (DIA)”.

11.000 VEHÍCULOS DIARIOS

Segundo expón o Goberno central, a autovía A-74 substituirá funcionalmente á N-642, que ten unha intensidade media de tráfico superior aos 11.000 vehículos diarios, que ascende a 15.000 na época estival.

A autovía A-74 dará continuidade á A-8 a través do corredor cantábrico da Mariña lucense, entre Barreiros y San Cibrao, onde se ubica único peirao de interés xeral estatal, que usa en exclusiva a multinacional do aluminio Alcoa.

O Goberno asegura que a infraestrutura “potenciará a economía da provincia de Lugo e de Galicia en xeral, conectando de forma óptima os portos de San Cibrao, Burela e Celeiro”.

PRAZO DE ALEGACIÓNS

O prazo de alegacións durará dous meses. Tras resolver as modificacións propostas, xestionarase a DIA como paso previo para a licitación da obra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...