IniciosociedadeO Goberno inicia as obras para crear un paseo peonil no portiño...

O Goberno inicia as obras para crear un paseo peonil no portiño de Morás

O proxecto inclúe a construción dunha nova estrada no interior e a instalación de paneis informativos sobre o pasado industrial da zona

Publicada o

- Advertisement -

Costas iniciou as obras de acondicionamento da zona situada entre as antigas baleeiras e o portiño de Morás, no concello de Xove. O Goberno central investirá nestas actuacións un total de 360.544 euros.

O proxecto contempla, en primeiro lugar, a instalación dun paseo peonil de madeira, que contará con alumeado e mobiliario urbán. Para iso aproveitarase o actual trazado da estrada que comunica a zona.

Así, o plan inclúe a construción dunha nova estrada, cun percorrido cara o interior, para suprimir o tráfico rodado da zona máis próxima á costa, que quedará reservada en exclusiva para o desfrute das persoas.

PASADO BALEEIRO

Ademais, ao longo do paseo instalaranse paneis informativos que testemuñarán o pasado industrial da zona. A caza e a comercialización de baleas -o goberno local demoleu a antiga baleeira no 2015– deu de comer a decenas de familias.

Mostras do pasado industrial son tamén os dolos, os elementos estruturais de formigón que se empregaron na construción dos espigóns do porto de Alcoa e que foron deseñados de xeito que se entrelazaran entre sí para que puideran resistir a forza das ondas do mar.

Un técnico, Salgueiro e Rodríguez, cos dolos ao fondo. AXM

SEIS MESES DE EXECUCIÓN

O Goberno central adxudicou as obras, que teñen un prazo de execución de seis meses, á empresa pública Tragsa.

ZONA DE “SINGULAR BELEZA”

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, visitou as obras acompañada polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.

Rodríguez destacou a importancia ambiental e cultural deste proxecto incluído no plan de actuacións que leva a cabo o Ministerio para a Transición Ecolóxica para a recuperación medioambiental da costa da Mariña.

É unha actuación coa que recuperaremos para o uso e desfrute de veciños e visitantes unha zona de Xove de singular beleza, ademais de poñer en valor elementos emblemáticos da nosa historia industrial”, explicou Rodríguez, que agradeceu a colaboración do goberno local xovense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...