IniciosociedadeA Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións coloca a súa mesa diante...

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións coloca a súa mesa diante do hospital de Burela o vindeiro martes

Tamén desde a UMAR redactaranse e rexistraranse reclamación a aqueleas veciñas e veciños que así o precisen e por estes mesmos motivos.

Publicada o

- Advertisement -

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) colocarase na entrada principal do Hospital da Mariña o vindeiro martes 5 de abril no seu horario habitual, de 11 a 13 horas.

O fin destes dispositivos é informar a usuarios, profesionais e veciños da situación de emerxencia que está a sufrir a sanidade pública , con déficits importantes de persoal e cunhas agardas inaceptables, tanto para facer probas diagnósticas como para consultas ou intervencións. Tamén desde a UMAR redactaranse e rexistraranse reclamación a aqueleas veciñas e veciños que así o precisen e por estes mesmos motivos.

A coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro, no nome do colectivo anima a veciñanza a que se achegue ata a entrada principal do Hospital da Mariña para facer a súa reclamación, porque “ a reclamación é un dos mecanismos dos que dispoñemos para denunciar as vergoñentas agardas que temos que soportar e que incumplen flagrantemente a lei de garantías sanitarias “.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...