A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense.
Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), sinala que o fenómeno meteorolóxico adverso será de nivel laranxa mar dentro entre Prior e Bres, con vento do suroeste-oeste de forza oito, no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense.
Por iso, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompientes e paseos marítimos. E recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.