Activada a alerta laranxa no litoral da Mariña por temporal costeiro

Haberá vento do suroeste-oeste de forza oito.

A Mariña estará en alerta laranxa / AXM

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), sinala que o fenómeno meteorolóxico adverso será de nivel laranxa mar dentro entre Prior e Bres, con vento do suroeste-oeste de forza oito, no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense.

Por iso, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompientes e paseos marítimos. E recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here