InicioCentralBurelaConcentración no Centro de Saúde de Burela este xoves para reclamar máis...

Concentración no Centro de Saúde de Burela este xoves para reclamar máis persoal e denunciar a precariedade laboral

"A presión é brutal, as condicións laborais son pésimas, salarios baixos e o persoal xa non pode máis", apuntan desde o comité laboral de Atención Primaria da Área Sanitaria de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

O Comité de Atención Primaria da Área Sanitaria de Lugo, integrado por CSIF, UGT, CCOO, CIG-Saúde, SATSE, OMEGA, CESM e SAE, convoca unha concentración para o próximo xoves 21 de abril ás 12:00 horas na entrada de acceso ó Centro de Saúde de Burela. O obxectivo segundo o comité é pór de manifesto diante da Administración Sanitaria e da opinión pública a escaseza de personal e a precariedade laboral na Atención Primaria.

Denuncian a situación que está padecendo a Atención Primaria dende hai anos e que empeorou coa pandemia agravándose cada vez máis. “A presión é brutal, as condicións laborais son pésimas, salarios baixos e o persoal xa non pode máis” sinalan desde o Comité. Engaden ademais que “todo isto é consecuencia da mala organización, da excesiva burocracia, a falta de recursos e, en definitiva, a mala xestión dende hai anos por parte da Xerencia”.

Reclaman reforzos, máis persoal, condicións laborais dignas e que destinen os recursos necesarios para mellorar a situación. Tamén reclaman garantir unha prestación asistencial de calidade e rematar coa situación de penosidade e precariedade actual. Finalmente demandan o estabelecemento de incentivos que permitan atraer e estabilizar profesionais na Atención Primaria.

O Comité fai un chamamento aos traballadores e traballadoras e a cidadanía para secundar esta e as próximas concentracións que segundo acordaron neste comité, faranse todos os meses diante dun Centro de Saúde da área sanitaria da provincia, para esixir a xerencia e os políticos que poñan remedio de xeito inmediato e que se resolva esta situación caótica.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...