Veciños dos edificios de San Lázaro, en Viveiro, solicitan que se instale un redutor de velocidade na recta deste tramo.
A veciñanza lembra que nesta zona producíronse accidentes por exceso de velocidade nos anos 2015, 2016 e 2017, “acreditados con atestados policiais”.
Aínda que non produciron danos persoais, “causaron danos materiais contra vehículos aparcados e contra contedores do lixo”, precisan.
OBRAS NO PIRIXEL
Os veciños afirman que levan “anos rexistrando escritos” para que se instalen medidas de seguridade nesta zona, e cren que se puido facer “aproveitando as obras no Pirixel“.
A veciñanza de San Lázaro asegura que solicitou “dispositivos redutores da velocidade, pasos peonís e beirrarúas dos dous lados, pero a única demanda veciñal atendida foi o novo firme“.