InicioCulturaClausurado o curso de inglés básico para atención ao público impartido no...

Clausurado o curso de inglés básico para atención ao público impartido no proxecto Ribadeo Suma Emprego

O concelleiro Pablo Vizoso agarda que a formación fose aproveitada polos asistentes: “agardamos que este curso vos aportara esas nocións básicas de atención ao público en inglés que pretendíamos, e que vos axude a manexarvos con maior soltura neste idioma”.

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, asistiu á clausura do curso de inglés básico para a atención ao público, que se veu celebrando desde o pasado 22 de marzo dentro do proxecto Ribadeo Suma Emprego.

Na súa intervención o edil ribadense dixo que “hoxe rematamos o curso de inglés ao que estades asistindo dende o pasado 22 de marzo, e que está enmarcado no proxecto Ribadeo Suma Emprego. Dende a Area de Desenvolvemento Local do Concello plantexámonos a necesidade de realizar esta formación co obxectivo de incrementar os recursos das persoas que estades traballando ou buscando emprego no ámbito da atención ao público”.

Pablo Vizoso agarda que a formación fose aproveitada polos asistentes: “agardamos que este curso vos aportara esas nocións básicas de atención ao público en inglés que pretendíamos, e que vos axude a manexarvos con maior soltura neste idioma”.

E tamén tivo palabras de agradecemento para o alumnado: “quería agradecervos o voso compromiso pola asistencia durante todo este tempo, facendo así posible que os recursos públicos empregados sexan aproveitados de forma práctica. A maiores, sei que algunha das persoas aquí presentes seguirá participando neste programa no curso preparatorio para os exames de Competencias Clave Nivel 2, que dará inicio no mes de maio”. O curso de inglés foi impartido por Marga Cela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...