O Concello de Mondoñedo agasallará aos turistas que se aloxen en calquera establecemento do municipio cunha sesión das audioguías ficcionadas ‘Merlín e familia. Un paseo emocionante pola cidade de Cunqueiro‘.
As audioguías son unha iniciativa financiada pola Mancomunidade de Municipios da Mariña. Realizadas pola compañía de teatro Chévere, teñen unha duración de 45 minutos e propoñen un percorrido desde a oficina de turismo de Mondoñedo ata o cemiterio vello.
HORA E MEDIA DE PRÉSTAMO
As persoas aloxadas nos esteblecemento locais poden recoller as audioguías na oficina de turismo municipal. Os hostaleiros informan á oficina do nome do visitante.
O préstamo é de hora e media, en horario matinal -de 10.00 a 14.00 horas- e de tarde -de 16.00 a 17.30 horas-. Segundo expón o goberno lcoal, as audioguías son gratis todo o ano para os mindonienses.