Felicitacións de ACISA Ribadeo aos premiados no XV Ribadeo de Tapeo

Desde ACISA sinala que “o Ribadeo de Tapeo é unha actividade que dinamiza moito a hostalería local e que valoramos positivamente".

Imaxe dunha das creacións da pasada edición. RIBADEO DE TAPEO

Acisa felicita aos establecementos asociados que obtiveron premios no XV Ribadeo de Tapeo, celebrado do 14 ao 22 de maio. Desde Acisa sinalan “queremos felicitar a todos os gañadores do Ribadeo de Tapeo deste 2022, organizado polo Concello, en especial aos nosos asociados. O Bar Queimada levou o 2º premio do xurado e O Alén o premio á tapa de Ribadeo. Felicidades aos nosos asociados aos que animamos a seguir participando nas edicións futuras, do mesmo xeito que ao resto de locais”.

E subliñan que “o Ribadeo de Tapeo é unha actividade que dinamiza moito a hostalería local e que valoramos positivamente. Foron máis de trinta os locais participantes, que traballaron duro estes días para ofrecer a súa mellor versión. As súas propostas son unha mostra da excelencia da nosa gastronomía”.

Desde Acisa engaden que “na creación de cada tapa hai moito traballo detrás e iso tivérono en conta as persoas que ao longo destes días saborearon as tapas preparadas polos establecementos ribadenses e encheron eses locais”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here