Cervo traballa a empatía e o autocontrol con alumnado de primaria

O goberno local impulsa tamén nestas datas un obradoiro de técnicas de estudo

Obradoiro impulsado polo Concello de Cervo. AXM

Unha grupo de pequenos de primaria participa nun obradoiro de educación socioemocional impulsado polo Concello de Cervo.

A psicóloga Iria Díaz, acompañada das monitoras de tempo libre Sabela Blanco e Sandra Capón, imparte estes obradoiros, nos que participa alumnado de primeiro a terceiro de educación primaria.

O programa, titulado “os contos de mochila”, traballa a autoestima, a resolución de conflitos, a empatía, a autonomía, a convivencia e abordaranse técnicas de autocontrol, entre outros aspectos.

TÉCNICAS DE ESTUDO

Por outra banda, o goberno local está a impulsar un obradoiro de técnicas de estudo para o alumnado de cuarto a sexto de primaria e de primeiro e segundo da ESO.

Neste taller abórdanse diferentes estratexias de comprensión lectora, técnicas mnemotécnicas, traballase o resumo, o esquema e tamén se avalían as estratexias de estudo individuais.

Ademais, proporciónanselle aos participantes as ferramentas para a planificación e o desenvolvemento de hábitos de estudo e diferentes técnicas para a ampliación do campo visual.

UNHA TRINTENA DE PARTICIPANTES

Así, uns trinta nenos do municipio participan nestes dous obradoiros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here