IniciosociedadeDenuncian que o Servizo de Saúde Mental na Mariña queda só cunha...

Denuncian que o Servizo de Saúde Mental na Mariña queda só cunha profesional para toda a comarca

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña esixe ao Sergas que solucione de inmediato esta situación de emerxencia substituíndo as dúas ausencias de psiquiatría para dar así unha alternativa ás persoas que teñen unha cita ou a aquelas que levan meses agardando por unha consulta.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denuncia que o Servizo de Saúde Mental da comarca conta actualmente cunha soa profesional para atender a todo o distrito sanitario. Isto supón unha soa psiquiatra para unha poboación duns setenta mil habitantes.

O servizo ten unha dotación de tres psiquiatras, mais desde hai un ano só conta con dous, logo do traslado da terceira das profesionais a outra área, sen ser substituída desde a súa marcha. Outro dos profesionais que forma parte do equipo tomou o permiso de paternidade que tampouco foi cuberto a día de hoxe.

A Unidade de Saúde Mental (USM) organiza a súa actividade de xeito que dous psiquiatras atenden nas consultas e o terceiro reparte a súa xornada entre a atención en domicilios en toda a comarca coa equipa de continuidade de coidados, xunto a unha enfermeira especialista e unha técnica en coidados auxiliares de enfermería, e a atención ás residecias sociosanitarias dos catorce concellos da Mariña. O traslado dunha das psiquiatras en maio de 2021 sen ser cuberto obriga ao facultativo de continuidade a pasar á atención da consulta deixando esta equipa sen persoal facultativo. Os pacientes que eran visitados a domicilio agora teñen que desprazarse para acudir a consulta á USM de Burela. A atención a residencias está facéndose a maiores da xornada habitual, coa sobrecarga que esto ocasiona e sen poder manter a periodicidade previa nas visitas. Desde hai dúas semanas a totalidade da actividade de saúde mental recae sobre unha soa facultativa. Máis de cincocentas persoas veranse afectadas por esta situación de emerxencia asistencial.

Esta situación , con dous dos psiquiatras ausentes sen substituir, afecta directamente a máis de cincocentos pacientes aos que habería que engadir familiares, amizades e coidadoras polo que a cifra final podería incrementarse considerablemente. Moitos destes pacientes xa tiveron que sufrir a perda da súa consulta ou van perdela nos vindeiros meses, causándolles un sufrimento evitable que se suma ao que xa é innato á enfermidade mental e aumentando a súa inseguridade ou angustia.Segundo comenta Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma Sanitaria da Mariña, “estamos ante unha situación de emerxencia asistencial e mesmo social que atenta contra os alicerces da sanidade pública e que golpea aos pacientes máis vulnerables acrecentando aínda máis a desigualdade”.

Desde o colectivo sanitario esixen ao Sergas que solucione de inmediato esta situación de emerxencia substituíndo as dúas ausencias de psiquiatría para dar así unha alternativa ás persoas que teñen unha cita ou a aquelas que levan meses agardando por unha consulta.

Do mesmo xeito instamos ao goberno da Xunta que cumpla coas ratios dotando á unidade de saúde mental de Burela dos psiquiatras e psicológos clínicos recomendadas para manter unha atención digna, próxima , estable e que cumpla cos estandares de calidade ditados polas sociedades científicas. Consideramos que en vez de facer propaganda enganosa dispendiando inxentes cantidades de cartos públicos “creen unha unidade infantoxuvenil de saúde mental na Mariña evitando desplazamentos innecesarios a Lugo e doten á USM doutras categorías como terapeutas ocupacionais , tal e como existen no resto dos servizos de saúde mental”– conclúen @s activistas sanitari@s.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...