Ribadeo bordea o 70% de ocupación hostaleira, segundo o Concello

A edil de turismo destaca "unha afluencia notable na restauración, non só nos aloxamentos"

Visita da edil de turismo e do alcalde ao Mercado de Nadal. AXM

A edil de turismo, Ana Martínez, sinalou que a ocupación hostaleira en Ribadeo está “ao 69%” nesta ponte da Constitución.

A concelleira de desenvolvemento local, turismo e comercio sinalou que, tras realizar unha rolda de consultas aos negocios, “hai unha afluencia salientable na restauración, non soamente nos aloxamentos”.

Martínez felicitouse porque “este é precisamente outro dos obxectivos que temos na dinamización local do noso concello”.

A edil ribadense resposabilizou en parte desta cifra ao Mercado de Nadal, que se desenvolverá até o domingo. “Para nós, as festas arrincan nesta ponte de decembro cunha cita que xa cumpre 15 anos”, sinalou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here