IniciosociedadeO BNG pide un plan para reducir a siniestralidade en Viveiro

O BNG pide un plan para reducir a siniestralidade en Viveiro

Os nacionalistas alertan da existencia de varios "puntos negros" no municipio

Publicada o

O BNG de Viveiro solicita ao goberno local que poña en marcha un plan para suprimir os que califican de “puntos negros” nalgunhas estradas do municipio, “ben por mor da alta densidade de tráfico, da ausencia de beirrarrúas, da mala semaforización ou da carencia de semáforos, da ausencia de pasos de peóns ou do deterioro do firme”.

COVAS

Unha das zonas que o grupo municipal do BNG considera perigosa é a travesía de Covas, onde “os sustos para a poboación e os accidentes son unha constante neste tramo e onde a veciñanza segue vivindo unha preocupante inseguridade viaria”.

LANDROVE

Outro dos lugares nos que hai risco de accidentes, “extremadamente perigoso” segundo o BNG viveirense, é a LU-540 á altura do Cristo e da ponte de Landrove. Os nacionalistas aseguran que apoian unha iniciativa de recollida de sinaturas para reclamar á Xunta de Galicia, titular da estrada, medidas de calmado do tráfico.

LU-161

O “estado lamentable” da estrada LU-161 que atravesa as parroquias de San Andrés, Chavín, San Pedro e Landrove é outra das reivindicacións dos nacionalistas, denunciada polo BNG no Parlamento galego.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...