A Plataforma Sanitaria anuncia que o vindeiro martes 21 de xuño desplazará a súa Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) ao centro de saúde de Burela. Nesta ocasión o colectivo fará reclamacións colectivas demandando a cobertura das psiquiatras que están ausentes pos diversos motivos, como primeira medida para dar solución á situación de emerxencia asistencial na que se atopa o servizo de saúde mental. A cobertura destes profesionais permitiría poñer a andar a segunda consulta de psiquiatría, baleira nistes momentos e restablecer ao psiquiatra que atendía a unidade de continuidade de coidados e que leva así máis de un ano.
A maiores desta demanda urxente e que precisa dunha solución inmediata , precisamos máis psicólogos clínicos, o que daría un pulo á psicoterapia e lograría reducir considerablemente a sobremedicación. Desde o colectivo, a súa coordinadora Montse Porteiro indica “a psicóloga clínica que se vai contratar pode que alivie algo a situación máis seguimos a estar en inferioridade respecto ás ratios avaladas polas sociedades científicas, respecto aos profesionais do Estado e moi por debaixo da media europea”. A mesa de reclamacións colocarase no centro de saúde de Burela o martes 21 de 11 a 13 horas.
O dispositivo móbil colocarase diante do centro de saúde de Burela o vindeiro martes 21 de xuño, no seu horario habitual, de 11 a 13 horas. Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animamos a todas as veciñas e veciños a que se acheguen ata a UMAR e fagan efectiva a súa reclamación, pois é un servizo esencial que está moi menoscabado, que atende a unha poboación moi fraxil .”Estamos a falar de que máis de cincocentas persoas están sen unha cita”-conclúen os activistas.