IniciosociedadeA ocupación hoteleira na Mariña rozou o 70% durante a ponte

A ocupación hoteleira na Mariña rozou o 70% durante a ponte

A asociación de hostaleiros de Lugo fala dun descenso do 10% na bisbarra, en sintonía cos datos a nivel provincial

Publicada o

- Advertisement -

A ocupación hoteleira na Mariña Lucense rozou o 70% na pasada ponte festiva da Constitución, segundo os datos da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL).

Os datos da bisbarra están en sintonía cos globais da provincia. A agrupación sinala que, en xeral, alcanzouse unha media dun 70,76 % de ocupación.

Segundo APEHL, a zona centro de Lugo foi a área da provincia con máis visitantes, cunha media do 71,64% de ocupación. A Terra Chá acadou o 71,43 % e A Mariña e a Ribeira Sacra rondaron o 70%.

RETROCESO

Esta cifra supón un significativo retroceso con respecto do ano 2017, exercicio no que se chegara ao 80% de ocupación media

No 2017, a media de ocupación na Ribeira Sacra alcanzou o 85% de ocupación, mentres que na capital lucense esgotouse o 83% das prazas hoteleiras e A Mariña chegou ao 80%.

A APEHL achaca este descenso a que os festivos do ano pasado foron “máis favorables para viaxar“.

PROCEDENCIAS

Os hostaleiros consultados no balance da ponte coinciden á hora de afirmar que a maioría dos visitantes que nos pasados días fixeron parada na provincia procedían maioritariamente do territorio nacional.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...