IniciosociedadeA Mariña, próximo destino da invasión británica?

A Mariña, próximo destino da invasión británica?

O diario británico The Guardian publicaba as excelencias de saír fóra das rutas turísticas xa marcadas en terreo español. O xornal sinalaba unha serie de destinos, entre eles A Mariña lucense e as “virtudes” que envolven as súas praias, os percorridos que se poden facer en vehículo ou bicicleta e, como non podía ser, tamén os aspectos gastronómicos.

Publicada o

- Advertisement -

A quen lle gusten as praias do estilo areal longo con cantís e campos ao pé, tal como acontece en Devon, Cornwall ou a península de Gower, sentirán estar coma na casa nas Rías Altas”. Así comeza a reportaxe de Annie Benett en The Guardian datada o 25 de xuño de 2022. Aínda máis, comparando as rías do norte galego coas Rías Baixas, o xornal británico sinala o norte de Lugo como un lugar “con vilas costeiras que durante o verán se transforman en centros turísticos improvisados”. A interpretación é que A Mariña non deixa de ser un lugar aínda por explorar cuxa oferta turística pode ofrecer máis sorpresas que outros espazos xa máis coñecidos.

Sería doado deixarse perder por unhas semanas e baixar onde a un lle apeteza” do FEVE, medio recomendado na reportaxe de The Gardian. Sen deixar de sinalar a duración de dúas horas do traxecto Ribadeo-Ferrol, a autora subliña a opción de poder viaxar coa túa propia bicicleta de maneira gratuíta, e baixar nalgunha das trinta estacións de tren do percorrido, unha viaxe por case 90€ por toda a costa do Cantábrico. Iso si, tamén lembra a posibilidade de coller vehículo propio ou auto-caravana para ir un por onde e a onde queira.

Mais o certo é que a reportaxe non para moito pola comarca, sinalando Ribadeo e Viveiro como principio e fin do traxecto pola nosa comarca. Na primeira sinala a praia das catedrais como o atractivo máis coñecido (e fotografado) e do segundo, destaca a súa ría en forma de “lágrima”. Dentro de Viveiro resalta a boa oferta gastronómica baseada no polbo e os viños galegos, iso si, preferiblemente en terrazas ao aire libre.

A reportaxe é un pé no estranxeiro para a comarca, pois aparece nunha das cabeceiras máis recoñecidas do xornalismo británico e en lingua inglesa. The Guardian ten detrás unha historia de 200 anos como xornal progresista e autofinanciado. Diversos premios aparecen no seu currículo como son o de mellor web e o do xornal mellor deseñado dentro dos medios en papel británicos.

Ademais, coas súas edicións irmás, The Guardian Australia e The Guardian USA, pode que A Mariña estea de moda en breve entre o público das nosas antípodas e do outro lado do Atlántico. Esperemos que así sexa e así aparezan máis reportaxes coma esta noutros medios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...