Trinta persoas participan na xornada de portas abertas no CIFP Porta da Auga

Durante sete horas ofreceuse formación e demostracións das últimas novidades en produtos, maquinarias e sistemas de aplicación. Ademais os asistentes compartiron un aperitivo.


O Departamento de Edificación e Obra Civil do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, celebrou unha xornada de portas abertas onte, xoves. Esta actividade, na que participaron unha trintena de persoas, contou coa colaboración de Pinturas Tor. Durante sete horas ofreceuse formación e demostracións das últimas novidades en produtos, maquinarias e sistemas de aplicación. Ademais os asistentes compartiron un aperitivo.

O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, mostrouse satisfeito co desenvolvemento da xornada porque “puidemos ver varios produtos novos así como demostracións de maquinaria, instalacións e aplicación de diversos tratamentos innovadores”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here