IniciosociedadePiden máis "seguridade" e "baños" na festa da Maruxaina para evitar gravacións...

Piden máis “seguridade” e “baños” na festa da Maruxaina para evitar gravacións ilegais

A Asociación Mulleres en Igualdade de Lugo critica a lentitude da xustiza para xulgar un caso que leva xa tres anos nos tribunais.

Publicada o

- Advertisement -

AAsociación Mulleres en Igualdade de Lugo  reclamou que se dote de “máis baños” e máis seguridade e persoal de vixilancia para a festa da Maruxaina, que se celebra no mes de agosto en Cervo.

Unha reivindicación que se produce tras o sucedido fai case tres anos, cando máis de cen mulleres foron gravadas na vía pública mentres ouriñaban e algunhas destas imaxes foron posteriormente expostas en portais pornográficos. Os feitos están a ser investigados no ámbito xudicial.

A presidenta de Mulleres en Igualdade, María del Mar Fraga, tras pedir máis baños e seguridade para A Maruxaina deste ano, lembrou que tanto o Concello de Cervo, como a Subdelegación do Goberno “mostráronse dispostos a mellorar a seguridade, pór tamén máis servizos públicos”. “Hai que pór máis vixilancia, e este ano van tamén os chamados puntos violeta para asesorar ás mulleres e estar vixiantes para que isto non se volva a repetir”, subliñou.

AÍNDA QUEDAN UNHA VINTENA DE DECLARACIÓNS PENDENTES

Das declaracións das vítimas ante o xulgado en Viveiro, María del Mar Fraga constatou que quedan “sobre vinte” das máis de 100 que foron obxecto destas gravacións ilegais. “Onte e antonte estaban a declarar mulleres que se atopan no estranxeiro por videoconferencia e as que se atopan en distintos puntos de España que por un motivo ou por outro non poden declarar presencialmente”, acreditou.

Ao tempo, arremeteu contra “a lentitude” da xustiza dado que tres anos despois estase en aínda en fase de tomar declaración ás afectadas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...