IniciosociedadeAsí quedou a área recreativa de Santa Cruz tras a tradicional xira

Así quedou a área recreativa de Santa Cruz tras a tradicional xira

O alcalde de Ribadeo pide maior concienciación social.

Publicada o

- Advertisement -

O persoal de medio ambiente do Concello procedeu ao longo do luns a limpar a área recreativa de Santa Cruz, onde o domingo se celebrou a tradicional xira. Tal e como recollen estas fotografías, algúns dos asistentes non saben o que é a limpeza e deixaron a zona chea de lixo.

Ante este tipo de actitudes incívicas, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lembra que “se non hai unha concienciación social, dificilmente poderemos acadar unha sociedade comprometida co noso entorno limpo e saudable”. “Aínda que a xente se esforza en deixar recollido todo antes de marchar, as probas deixan ben ás claras que non todo o mundo fai o mesmo esforzo. E aquí si que debemos seguir mellorando”, dixo.

Lixo deixado na Xira de Santa Cruz / remitida

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...