Volve a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ao Hospital da Mariña tras o descanso estival

Desprazarase á entrada principal o próximo martes 6 de setembro de 11 a 13 horas.

Hospital da Mariña. AXM

A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) retoma a súa actividade habitual tras un pequeno descanso estival, e desprazarase á entrada principal do Hospital da Mariña o próximo martes 6 de setembro de 11 a 13 horas. Os activistas sanitarios a maiores de informar, redactarán reclamacións sobre agardas excesivas para consultas, probas diagnósticas ou intervencións e daranlles posteriormente rexistro oficial.

RECOLLIDA DE SINATURAS PARA FORTALECER A ATENCIÓN PRIMARIA 

A Plataforma Sanitaria fará coincidir este dispositivo móbil coa recollida de sinaturas para levar ao Parlamento a ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria.

Esta ILP , que foi presentada na comarca o pasado 12 de xullo ante os medios de comunicación, tenta a recollida dun mínimo de dez mil sinaturas para poder ser debatida en sesión parlamentaria. O texto incide en medidas tan importantes como a mellora da estrutura e funcionamento dos centros de saúde, urxencias hospitalarias e servizo de ambulancias, garantir a presencialidade e calidade na atención primaria, dotar de autonomía a xestión de Atención Primaria, garantir e fomentar a participación cidadá, rematar coas listas de agarda en primaria ou proporcionar unha atención sanitaria en igualdade eliminando a fenda de xénero na atención sanitaria , entre outras.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here