IniciosociedadeOs armadores de Burela apostan polos seus chefs nos premios “Cociñeiro Galego...

Os armadores de Burela apostan polos seus chefs nos premios “Cociñeiro Galego 2022”

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela xoga todo ou nada por Toño Lorenzo e Martín Mantilla para seren galardoados como mellor "Cociñeiro Galego 2022".

Publicada o

- Advertisement -

Toño Lorenzo e Martín Mantilla pertencen á Asociación Cociñeiros Lugo e son habituais colaboradores da OPP-7 elaborando receitas con produtos frescos da lonxa de Burela, dentro das diferentes accións incluídas no seu plan de produción e comercialización, que se realiza en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

O premio “Cociñeiro Galego 2022 Galicia Fórum Gastronómico” recoñece o labor dos cociñeiros emerxentes que utilizan produto de proximidade, teñen sensibilidade con producións ecolóxicas, colaboran conxuntamente con produtores locais e fan difusión deste tipo de valores.

Dous dos cinco chefs nomeados este ano a mellor chef galego pertencen a esta asociación: Martín Mantilla do Restaurante Berso (Sober) e Toño Lorenzo do Restaurante A Faragulla (Chantada).

A última receita que Martín Mantilla cociñou para a colección “A Cociña do Mar” do porto de Burela foi unha “Pescada do pincho de Burela con castañas e cogomelos”, destacando as propiedades do produto estrela da lonxa de Burela.

Pola súa banda, Toño Lorenzo preparou un “Sargo á brasa con refrito de moluscos”, destacando neste caso a gran variedade de produtos pesqueiros que se descargan cada día no porto de Burela, con 116 diferentes especies comercializadas en lonxa.

O período de votación está aberto na web do Galicia Fórum Gastronómico ata o 18 de setembro e entre as persoas que emitan o seu voto sortearase unha comida para dúas persoas en cada un dos restaurantes nomeados. O gañador ou gañadora do concurso elixirase sumando estas votacións do público na web e o voto do xurado profesional.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...