InicioPolíticaFPF pide un segundo acceso da A-74 ao casco urbán de Foz

FPF pide un segundo acceso da A-74 ao casco urbán de Foz

O grupo independente presentará unha moción para instar ao Goberno a habilitar unha nova entrada, que "beneficiaría ás parroquias do interior"

Publicada o

- Advertisement -

Foz Plataforma de Futuro (FPF) levará ao pleno unha moción para que desde o Concello se inste ao Ministerio de Fomento a dotar dun segundo acceso ao casco urbán focego no proxecto da autovía A-74.

O goberno someteu a información pública o pasado 4 de decembro o treito Barreiros-Foz, que inclúe un semienlace no Carme coa LU-152 e un enlace en Foz coa N-642.  

O grupo independente lembra que no 2016 fixo fincapé na necesidade de dotar dun segundo acceso ao casco urbán, ademais do proxectado na antiga fábrica de Xeremías, na rotonda de Fazouro.

O voceiro de FPF, Luis Alfonso Sixto Legaspi, considera que a segunda entrada “podería servir de unión coas parroquias do interior do municipio, como Vilaronte, San Martiño, Santa Cecilia e San Acisclo“.

Sixto Legaspi engade que esta modificación satisfaría tamén unha petición dos alcaldes dos concellos do Valadouro e Alfoz.

AFASTAR A AUTOVÍA DE SAN MARTIÑO

A moción dos independentes tamén solicita “alonxar o máximo posible o trazado da A-74 da basílica de San Martiño de Mondoñedo, polo impacto que suporía para un monumento tan antigo e importante”.

Neste senso, o proxecto do Goberno central contempla a construción dun túnel artificial para minimizar os impactos visuais dos desmontes na conca da basílica de San Martiño de Mondoñedo.

AXILIZAR TRÁMITES

Finalmente, a proposta de FPF aspira a que o pleno focego inste ao Goberno a que “axilice os trámites” do comezo da obra da Autovía da Mariña entre Barreiros e San Cibrao, “para avanzar nunhas vías de comunicacións esquecidas durante anos e que os mariñaos non sexan veciños de terceira categoría“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...