IniciosociedadeVilas Coidadoras, o obradoiro de emprego para atender ás persoas maiores organizado...

Vilas Coidadoras, o obradoiro de emprego para atender ás persoas maiores organizado por Barreiros e Ribadeo

O concelleiro ribadense, Pablo Vizoso, sinalou que “o obxectivo principal desta iniciativa é impulsar un proxecto que recupere o valor de coidar, educar, entreter e integrar aos nosos maiores".

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos do Concello de Ribadeo Esta mañá acolleu esta mañá a presentación do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, unha nova andadura en común dos Concellos de Ribadeo e Barreiros que terá como protagonista á terceira idade de ambos municipios. No acto participaron o alcalde ribadense, Fernando Suárez, a alcaldesa barreirense, Ana Ermida, e o concelleiro de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Pablo Vizoso.

Vizoso Galdo indicou que “neste novo obradoiro de emprego impartiranse e traballaranse dúas especialidades: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais. Haberá unha parte teórica, que levará ao alumnado á obtención dos certificados de profesionalidade e tamén se traballará man a man tanto coa residencia municipal de Ribadeo como co hospital silo San Sebastián e San Lázaro. As actividades plantexadas para o obradoiro repartiranse entre ambos concellos”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local sinalou que “os Concellos de Ribadeo e Barreiros unen de novo as súas forzas para impulsar un obradoiro de emprego dual denominado Vilas Coidadoras, que inicia hoxe a súa andadura con 20 persoas que se atopaban desempregadas e dúas monitoras, que estarán contratadas durante un ano”.

Pablo Vizoso dixo que “se trata dun programa mixto de formación e emprego, orientado a mellorar a empregabilidade das persoas en paro de ámbolos dous concellos e a calidade de vida das persoas da terceira idade”.

O edil ribadense subliñou que “o obxectivo principal desta iniciativa é impulsar un proxecto que recupere o valor de coidar, educar, entreter e integrar aos nosos maiores, un colectivo que merece toda a nosa atención e apoio”. E engadiu que “ tamén se terá en conta ás familias coidadoras de persoas maiores en situación de dependencia, para as que se creará o programa Coidando ao coidador”.

Ana Ermida, a alcaldesa de Barreiros, manifestou que “tampouco debemos esquecer a outra pata deste obradoiro, que é o achegamento da vida cultural a todas as parroquias. Tanto Ribadeo como Barreiros, somos zonas moi rurais ás que moitas veces costa achegar esa vida cultural. Esperamos que con este obradoiro sexamos quen de adaptar o que ofrecemos á necesidades dos nosos territorios”.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pediu ao alumnado traballador “compromiso e lealdade, xa que ademais dunha oportunidade formativa e laboral, se realmente vos implicades, este ano pode ser unha experiencia moi enriquecedora e de crecemento persoal”. E engadiu que “ides facer as prácticas en centros moi especiais para nós, como son a nova residencia, o hospital asilo e o centro social”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...