IniciosociedadeA Xunta iniciará no Nadal arranxos en dez centros educativos da Mariña

A Xunta iniciará no Nadal arranxos en dez centros educativos da Mariña

Investirá 151.000 euros en actuacións no Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Mondoñedo, Barreiros e Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aprobou obras de mellora en dez centros educativos da Mariña Lucense por un importe global de 151.000 euros.

En Viveiro arranxaranse a barandilla e unha pequena zona da cuberta do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Santa Rita; no Instituto de Educación Secundaria (IES) María Sarmiento substituirase o falso teito nalgunhas aulas e realizaranse melloras na saída de emerxencia do salón de actos, cambiaranse ventás no IES Vilar Ponte e acometeranse obras de conservación no CEIP Lois Tobío.

Tamén se cambiarán fiestras no CEIP Península da Paz de Cervo; no CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo realizaranse arranxos nos baños; no Pedro Caselles Rollán de Xove realizaranse traballos de fontanería na cociña; no de San Miguel de Reinante de Barreiros cambiarase o depósito de gasoil e limparase a instalación da calefacción, e no colexio do Vicedo vaise construír unha soleira para o parque infantil.

Polo que respecta aos centros de Secundaria, tamén se arranxarán a cornixa e canlóns no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga de Ribadeo.

ACTUACIÓNS NAS VACACIÓNS

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que algúns dos traballos se executarán durante as vacacións do Nadal.

Outros son compatibles co desenvolvemento das clases e realizaranse ao longo dos vindeiros meses. En calquera caso, a totalidade dos proxectos estarán rematados no que resta de curso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...