InicioCentralBurelaA Plataforma Sanitaria denuncia a situación "vergoñenta" vivida no hospital da Mariña...

A Plataforma Sanitaria denuncia a situación “vergoñenta” vivida no hospital da Mariña durante a vacinación de persoas maiores

A asociación di que tanto Sergas e goberno da Xunta seguen afastándose da xente ao programar as vacinacións lonxe dos seus centros de saúde, onde se efectuaban as campañas de vacinación de gripe.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma sanitaria da Mariña denunciou este luns a “situación vergoñenta que se viviu esta fin de semana no Hospital da Mariña, onde comezou a campaña de vacinación de gripe e covid para maiores de oitenta anos”.

“A situación foi realmente esperpéntica, con persoas maiores con bastóns, muletas ou cadeiras de rodas, agardando durante máis de media hora para acceder á vacinación de pé, sen un lugar onde sentarse (salvo os poucos que conseguiron unha cadeira de rodas)” din desde a plataforma.

A asociación di que tanto Sergas e goberno da Xunta seguen afastándose da xente ao programar as vacinacións lonxe dos seus centros de saúde, onde se efectuaban as campañas de vacinación de gripe. “Non somos capaces de comprender esta decisión mal planificada e que obriga aos maiores a desprazarse lonxe do seu centro de saúde, sen un transporte público axeitado”.

“Esta decisión do goberno da Xunta non fai máis que reflectir a cortina de fume que queren poñernos diante fos ollos para, que non nos decatemos da situación insostible e caótica na que deixaron á Atención Primaria, sen persoal e sen medios. Máis non se pode seguir a enganar por máis tempo aos veciños e veciñas da Mariña” conclúe Montse Porteiro, coordinadora do colectivo

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...