Prevén abrir o centro de día de Alzheimer de Mondoñedo no primeiro semestre do 2019

Mensajeros de La Paz conta con que a rehabilitación da residencia remate no verán

Doente de Alzheimer. AXM

Mensajeros de la Paz anunciou que as obras do centro de día para enfermos de Alzheimer San Rafael están a piques de rematar.

A ONG solicitará agora á Xunta o Permiso de Inicio de Actividade (PIA) e prevé que os primeiros usuarios podan acceder ao servizo no primeiro trimestre de 2019.

A nova unidade de Alzheimer do centro terá 15 prazas, que se sumarán ás 40 do centro de día.

RESIDENCIA

No tocante á rehabilitación da residencia, Mensajeros de La Paz agarda que as obras, cun orzamento de 800.000 euros, podan rematar o vindeiro verán.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here