A Plataforma Sanitaria da Mariña realizou recollida de sinaturas en Trabada e Lourenzá


A Plataforma Sanitaria da Mariña realizou unha recollida de sinaturas de hoxe nos Concellos de Trabada e Lourenzá. O colectivo desprazou o seu dispositivo móbil a estas localidades para que as veciñas e veciños “apoiaran coa súa sinatura a ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria, impulsada por SOS Sanidade Pública”.

Desde o colectivo sinalan tamén a gran indignación que se está a vivir no concello de Lourenzá pola ausencia continuada do pediatra que comparte con Mondoñedo e Barreiros, desde que a anterior facultativa concursara nun traslado. “As familias esixen que se repoña ao pediatra compartido para recuperar este servizo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here