IniciosociedadeO IES Perdouro celebrará unha nova edición da Volta ao Cole para...

O IES Perdouro celebrará unha nova edición da Volta ao Cole para recadar fondos para investigación da leucemia

Desde o IES Perdouro participarán na carreira 120 alumnos de 1º e 2º ESO acompañados polo profesorado. A carreira será a partir das 10:15 h o venres 28 de outubro.

Publicada o

- Advertisement -

O IES Perdouro únese á loita contra a leucemia infantil coa celebración, o próximo 28 de outubro, da 8ª edición da Volta ao Cole da Fundación Unoentrecienmil, que se dedica a impulsar proxectos de investigación para a curación plena da leucemia. Trátase dunha carreira solidaria na que este ano participan case 600 centros educativos de toda España. Polo de agora recadáronse 1.700.000 euros.

Desde o IES Perdouro participarán 120 alumnos de 1º e 2º ESO acompañados polo profesorado. A carreira será a partir das 10:15 h o venres 28 de outubro. O percorrido ten practicamente 800 metros por volta e discorrerá polo Camiño dos Colexios, desde o cruce do hospital ata a gardería A Galiña Azul.

Desde o Perdouro sinalan que “esta é unha ocasión única para transmitir valores de empatía e solidariedade aos escolares desde os seus colexios”. Desta forma, tanto os pequenos como as súas familias únense á causa de Unoentrecienmil que persegue a curación plena da enfermidade.

En España diagnostícase un caso diario de leucemia, que supón o tipo de cancro máis frecuente entre os nenos. Unha situación difícil e angustiosa para as familias xa que un 20% deles non logra superalo. O propósito da fundación é conseguir que se curen o 100% deses pequenos. E iso só pode pasar investindo en investigación.

UN COLE ENTRECIENMIL

Desde o inicio desta iniciativa, en 2015, a Fundación foi engadindo Colexios Entrecienmil, en concreto son xa máis de 3.000, moitos dos cales cada ano repiten e supoñen un apoio fundamental no impulso dos proxectos de investigación que se puxeron en marcha.

Este ano, as familias tamén poden participar desde as súas casas accedendo a través dun código QR á páxina da fundación e asinando unha petición para conseguir máis investigación.

1 euro = 1 dorsal = Investigación

Para correr na Volta ao Cole, cada participante recibe un dorsal e un diploma a cambio dunha doazón dun euro. Os colexios organizan o percorrido que mellor se adapta ás súas instalacións e previamente trabállase cos nenos nas aulas para explicarlles a importancia da carreira e o que significa o seu apoio, como parte dos contidos transversais da súa educación. Non é competir ou gañar, se non apoiar, correr, loitar, conseguir, superar, motivar, avanzar, traballar en equipo.

Para más información:

IES Perdouro

Tfno.: 982 870102 – ies.perdouro@edu.xunta.gal

Unoentrecienmil – Lourdes Amayas

670 626 353 – 91 112 62 36

lourdes@unoentrecienmil.org

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...