A Plataforma Sanitaria presenta mocións en apoio da ILP para recuperar a Atención Primaria na Mariña

Foz foi o primeiro Concello en debater a moción no pleno celebrado o pasado xoves 27 de outubro.


A Plataforma Sanitaria da Mariña vén de presentar en todos os Concellos da comarca mocións en apoio da ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria. As mocións, que se debatirán nos Plenos Municipais de todas as localidades, buscan reforzar a campaña que se está a realizar na comarca e no país de recollida de sinaturas en apoio da ILP.

Foz foi o primeiro Concello en debater a moción no pleno celebrado o pasado xoves 27 de outubro. A moción foi aprobada co voto en contra do Partido Popular, que alegou razóns peregrinas , non sendo capaz de citar cales eran os puntos en desacordo, malias solicitudes por parte do equipo de goberno para tentar chegar a acordos. O colectivo sanitario lamenta que “os seus argumentos, fóra do contexto do debate e o voto en contra da moción non fagan máis que acreditar o alonxamento do grupo popular das veciñas e veciños.”

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here