Penedo do Galo rexistra o refacho de vento máis forte de Galicia, con 135,5 qm/h

O temporal deixou chuvias de 120 litros por metro cadrado nalgunhas zonas da comunidade

Penedo do Galo, en Viveiro. AXM

O temporal de vento e choiva que mantén os litorais da provincia de Lugo e A Coruña en alerta laranxa deixaron ventos que superaron amplamente os cen quilómetros por hora e choivas de máis de 120 litros por metro cadrado.

Segundo datos de Meteogalicia, os ventos alcanzaron os 135,5 quilómetros/hora na estación do Penedo do Galo, en Viveiro. Ocorreu ás 12.40 horas.

Punta Candieira, en Cedeira (114,9 qm/h), e Vimianzo (112,1 qm/h) tamén rexistraron valores altos.

CHUVIAS

No tocante ás chuvias, Lousame acumulou 127,4 litros por metro cadrado, por 74 rexistrados en Fornelos de Montes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here