IniciosociedadeO Valadouro gaña as primeiras Olimpíadas da Mariña Central

O Valadouro gaña as primeiras Olimpíadas da Mariña Central

Lourenzá acadou o segundo posto e Cervo e Mondoñedo compartiron a terceira praza

Publicada o

- Advertisement -

O Valadouro proclamouse campión da primeira edición das Olimpíadas da Mariña Central trala disputa da última proba, celebrada en Mondoñedo.

O equipo valadourense sumou un total de 650 puntos, polos 575 tantos obtidos por Lourenzá, que acadou o segundo posto, e os 500 que conseguiron Cervo e Mondoñedo, que compartiron a terceira praza.

Tamén participaron na competición Foz, Burela, Alfoz e Barreiros.

Despois da proba cultural -que se celebrou en Alfoz-, da artística -que foi en Burela– e da deportiva -disputada en Foz-, os xogos populares decidiron o campión das Olimpíadas.

Nun ateigado pavillón de Viñas da Veiga sucedéronse as probas do tiro á corda, a cadeira da raíña ou a carreira de sacos. Finalmente, os 200 puntos do Valadouro valéronlle para asegurar a vitoria.

Tamén participaron na competición os municipios de Foz, Burela, Alfoz e Barreiros. Unhas 300 persoas de oito concellos competiron nunhas Olimpíadas que foron todo un éxito.

Baseadas na idea das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, as da Mariña Central cumpriron o obxectivo de tender pontes entre os termos municipais da bisbarra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...