IniciosociedadeA Mariña en Ruta realizará un percorrido pola ría de Foz para...

A Mariña en Ruta realizará un percorrido pola ría de Foz para buscar as aves máis representativas do lugar

Neste estuario concéntranse núcleos de zarapito real e agulla colipinta, que xunto ao escaso correlimos gordo danlle importancia a escala estatal á ZEPA Ría de Foz.

Publicada o

- Advertisement -

A cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, realizará este sábado, 19 de novembro, unha visita ornitolóxica á ría de Foz.

Os asistentes poderán descubrir as aves máis icónicas deste paraxe natural. Nesta época do ano a ría focense acolle interesantes poboacións de especies acuáticas tanto migratorias como invernantes: espátula, cerceta común, ánade silbón ou barnacla carinegra. Neste estuario concéntranse núcleos de zarapito real e agulla colipinta, que xunto ao escaso correlimos gordo danlle importancia a escala estatal á ZEPA Ría de Foz. A visita será guiada por Saúl Román.

ÉXITO RUTA POR TRABADA

Vinte persoas gozaron o pasado sábado de A Mariña en Ruta por Trabada. Os participantes coñeceron a historia e os modos de vida antigamente visitando o Museo Etnográfico Xosé Rocha. Despois desprazáronse ata a igrexa da Vilapena, onde puideron ver os seus importantes retablos e a continuación realizaron unha andaina a través da Fraga da Vilapena, a través da que puideron observar diferentes tipos de árbores, de setas, fervenzas…

A cuarta edición de A Mariña en Ruta rematará o vindeiro 26 de novembro. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

A información sobre a ruta pendente e as reservas de prazas realizarase de forma automática a través da web de Turismo de A Mariña Lucense https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta Email: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono 644 009 722

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...