A feminista e académica Rosa Cobo achégase a Viveiro para relatar unha breve historia sobre as orixes da pornografía. Será o 17 de novembro ás 20.30 na sala multiusos do Concello de Viveiro.
Segundo o Observatorio da Mariña pola Igualdade, o libro pretende espertar conciencias e alertar sobre os efectos do consumo de pornografía,“así como sobre a súa efectividade á hora de construír un discurso e un imaxinario de violencia misóxino”.
O libro de Cobo tamén aspira a visibilizar e avisar sobre a relación directa que existe entre pornografía e prostitución. O acto organizado coa colaboración do Concello de Viveiro.