IniciosociedadeConvocada para o 30 de novembro unha concentración en Burela para a...

Convocada para o 30 de novembro unha concentración en Burela para a defensa da Atención Primaria

A Plataforma Sanitaria da Mariña, sinala que "a presión social é a única linguaxe que entende o goberno da Xunta, por iso temos que encher as rúas dun berro unánime en demanda dunha sanidade pública de calidade , equitativa , gratuíta, de proximidade e digna”.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha concentración diante do Centro de Saúde de Burela o próximo mércores 30 de novembro en defensa da Atención Primaria. De xeito simultáneo colocarase tamén una mesa para recollida de sinaturas en apoio á ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria.

A concentración e recollida de sinaturas responden a unha convocatoria en todo o país organizada desde SOS Sanidade Pública, do que este colectivo forma parte e “responde á necesidade de que dunha vez por todas o goberno da Xunta comece a asumir as súas responsabilidades e competencias, abordando o problema do desmantelamento da Atención Primaria”. Sinalan ademais que se deben poñer “solucións ben planificadas e se deixe de poner parches que non resolven a situación”.

A iniciativa lexislativa popular, que recolle medidas como acabar coa precariedade e inestabilidade do persoal, a reapertura de consultas pechadas, o aumento de persoal de todas as categorías para garantir una atención de calidade ou a recuperación da xerencias de Atención Primaria, precisa da recollida de dez mil sinaturas para poder ser debatida no Parlamento.

Desde a Plataforma Sanitaria piden a participación de veciñas e veciños e acudan á concentración. ”A presión social é a única linguaxe que entende o goberno da Xunta, por iso temos que encher as rúas dun berro unánime en demanda dunha sanidade pública de calidade , equitativa , gratuíta, de proximidade e digna”, conclúen desde o colectivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...