Piden que se xulgue xa o caso da Maruxaina tras declarar xa “practicamente” todas as mulleres implicadas

A presidenta de BUMEI, Mari Mar Fraga, pídelle ao xuíz "máis axilidade".

Maruxaina. AXM

A asociación e mulleres en Igualdade de Burela, personada como acusación particular no caso dos vídeos de mulleres ouriñando na vía pública durante as festas da Maruxaina, reclamou o peche da instrución, que dirixe un xulgado de Viviero.

En declaracións aos medios este xoves, a presidenta de BUMEI, Mari Mar Fraga, manifestou que “practicamente” concluíron as declaracións de todas as vítimas que foron gravadas durante a festa de Cervo en 2019, unhas imaxes que, máis tarde, apareceron en páxinas pornográficas.

“Queda algunha, sobre todo aquelas mulleres que por atoparse fora ou traballando no momento de prestar testemuño pediron que se pospuxese a súa declaración”, sinalou Fraga, que reclamou ao xuíz instrutor “máis axilidade” para que o caso poida ser levado a xuízo e depurar responsabilidades.

“Estamos atadas de mans. Non temos a capacidade suficiente para esixir que se lle dea prema a este caso. Nós tratamos de apremar un pouco, pero pouco máis podemos facer“, subscribiu. Fraga, que lembrou que o caso foi inicialmente arquivado ata que a Audiencia Provincial de Lugo ordenou a súa reactivación encadra o atraso na conclusión da instrución no o “propio funcinoamiento” do xulgado e a súa “dinámica de traballo”.

“Que ao principio desestimase as denuncias, queremos pensar que, nese momento, o xuíz equivocouse e queremos crer que recapacitou e viu a gravidade duns feitos como estes”, sentenciou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here