IniciosociedadeA Plataforma Sanitaria da Mariña convoca manifestación para o 30 de novembro...

A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca manifestación para o 30 de novembro en Burela

Denuncia a "situación caótica" que viven os centros de saúde.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña convocou para o vindeiro mércores 30 de novembro unha manifestación ante o centro de saúde de Burela en defensa da calidade asistencial no servizo de atención primaria.

A portavoz da plataforma, Montse Porteiro, precisou que, ademais da concentración, recollerán firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa de reforzar a Atención Primaria.

Hai moitas cousas polas que manifestarse. A atención primaria que está nunha situación caótica e os centros de saúde que non contan con persoal para atender á xente”, aseverou. “Os médicos, as enfermeiras, o persoal administrativo que colle vacacións ou collen permisos e non están a ser substituídos, co que se sobrecarga ao resto do persoal“, lamentou.

Montse Porteiro asegurou que a Inicitiva Lexislativa Popular, xa pasou a barreira das 10.000 firmas, o limiar necesario para o seu traslado ao Parlamento de Galicia. Tanto é así que despois de varias semanas de recollida, desde a Plataforma Sanitaria da Mariña confían en poder chegar “ás 75.000 ou 100.000 firmas” en apoio da Atención Primaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...