IniciosociedadeApoio do BNG en Burela á sanidade pública e ás reivindicacións da...

Apoio do BNG en Burela á sanidade pública e ás reivindicacións da veciñanza

Animan á sociedade mariñá a asinar a ILP sobre atención primaria para que chegue con forza ao Parlamento e o PP teña que recuar.

Publicada o

- Advertisement -

Cargos orgánicos e institucionais participaron na mañá de hoxe na concetración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e mais SOS Sanidade Pública ante a grave situación que atravesa a atención primaria na comarca. Os numerosos veciños e veciñas que se achegaron a esta concentración aproveitaron para asinar tamén os pregos da Proposición de Lei por Iniciativa Lexislativa Popular sobre Medidas Urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria que a Plataforma mariñá está distribuindo por todas as localidades da comarca.

Estiveron presentes polo BNG, o deputado Daniel Castro, o portavoz municipal en Burela Mario Pillado, o responsable comarcal Antonio Veiga, e concelleiras e concelleiros da comarca xunto con cargos orgánicos.

Para o Bng a sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma na atención primaria. Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que se fai notar, e dun xeito moi acusado, na comarca da Mariña.

Desde o BNG, Daniel Castro afirmou que , “temos que respaldar esta ILP para que chegue ao Parlamento cos máximos apoios e o PP teña que rectificar a súa política de desmantelamento da sanidade pública”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...