A Xunta de Galicia decidiu este martes suspender as actividades no exterior nos centros educativos das zonas do suroeste e oeste da provincia da Coruña, Rías Baixas, interior de Pontevedra e A Mariña Lucense por mor da alerta por vento forte.
Segundo explicou a Consellería de Educación, a suspensión obedece a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de vento do sur e suroeste que se prolongará até as 15.00 horas.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) agarda refachos de vento de ata 120 quilómetros/hora na Mariña Lucense.
PESCA
A Vicepresidencia da Xunta aconsellou a suspensión das actividades pesqueiras. Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.