Tres centros da Mariña Lucense contarán este curso con laboratorios de radio nas súas bibliotecas.
Trátase do Ceip de Foz número 1, do Ceip de Celeiro e do Ceip Plurilingüe de Covas. Estes centros, xunto co Ramón Falcón de Outeiro de Rei, súmanse aos colexios da Pobra do Brollón e o Virxe do Carme de Sober, que xa iniciaron este proxecto o curso pasado.
A Xunta de Galicia impulsa o programa ‘Radio na Biblio‘. Todos os centros forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe).
Para seleccionar os centros a Consellería de Educación tivo en conta a valoración acadada pola memoria da biblioteca do pasado curso 2017/18 e a localización xeográfica dos centros, dando prioridade aos que se atopan en concellos do ámbito rural.
OBXECTIVOS
O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias informacionais e mediáticas, promover a expresión oral e o traballo colaborativo.