IniciosociedadeO PSdeG denuncia a falta de coidados paliativos na maioría dos concellos...

O PSdeG denuncia a falta de coidados paliativos na maioría dos concellos da Mariña

Actualmente os servizos de Paliativos e HADO non se están prestando de xeito presencial en 10 dos 14 concellos da Mariña, quedando, polo tanto, máis do 60% da súa poboación sen servizo .

Publicada o

- Advertisement -

Os socialistas denuncian novamente que a Xunta de Galicia mantén un só equipo médico para cubrir o servizo de Paliativos e HADO do Hospital da Mariña. Advirten de que “dende hai meses só hai un médico e un enfermeiro neste servizo, cando terían que estar traballando dous equipos sanitarios” para dar cobertura a toda A Mariña. 

Dende o PSdeG inciden en que xa denunciaron esta mesma situación hai preto de un ano, “incluso se aprobaron iniciativas parlamentarias, co apoio do PP, nas que se solicitaba chegar á dotación inicial todos os días da semana co obxectivo de poder retomar a atención presencial na totalidade dos concellos do distrito sanitario da Mariña”.

O servizo de HADO ofrece unha alternativa asistencial á hospitalización convencional, para atender entre outros a doentes oncolóxicos, infecciosos, con cirurxías complexas, crónicos ou en estado terminal. “Os doentes e as súas familias están padecendo unha delicada situación, algúns deles con patoloxías crónicas ou terminais, e que actualmente só reciben atención telefónica”. A maiores, moitas veces son derivados á atención primaria, onde tamén se vive unha “situación caótica”.

Actualmente, os servizos de Paliativos e HADO non se están prestando de xeito presencial en 10 dos 14 concellos da Mariña, quedando, polo tanto, máis do 60% da súa poboación sen servizo. “Queremos que se cubran de xeito urxente as vacantes desta especialidade, máxime, nun servizo que atende a doentes con necesidades moi especiais, e que tamén afecta ás súas familias”, remarcan.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...