Un traballador foi achado morto este sábado nunha obra en Foz, segundo informou o 112. O servizo tivo coñecemento dos feitos pasadas as 00,10 horas, cando o persoal dos servizos sanitarios solicitou a colaboración das forzas da orde.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu o aviso de que un operario non regresara ao seu domicilio despois de traballar nunha obra situada no Campo da Cabana, en Foz. Foi entón cando se desprazaron ata o lugar para prestar asistencia ao implicado, aínda que finalmente só puideron certificar o seu falecemento.
Os xestores do 112 avisaron aos axentes da Garda Civil, que traballan para esclarecer as circunstancias do suceso.