InicioSucesosCinco vehículos chocan en cadea en Cervo por un xabaril que se...

Cinco vehículos chocan en cadea en Cervo por un xabaril que se atravesou na N-642

Todo ocorreu uns intres despois das 22.00 horas.

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas ao chocar cinco vehículos na localidade lucense de Cervo. O accidente produciuse, explica o 112, cando un dos vehículos chocou contra un xabaril e o resto de coches chocaron en cadea.

Segundo detallan, o suceso tivo lugar no punto quilométrico 53 da N-642, uns minutos despois das 22.00 horas. Foi nese momento cando o 112 recibiu a alerta da colisión múltiple a través dunha persoa implicada no sinistro.

Acto seguido, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Viveiro, do GES de Cervo e do servizo de mantemento da vía de circulación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...