A Garda Civil investiga a un mozo que circulaba en Trabada a máis de 170 quilómetros por hora nun viario limitado a 50 km/h, segundo informa a Benemérita.
Os feitos teñen lugar o pasado domingo á altura do punto quilométrico 19 da estrada N-640, termo municipal de Trabada.
Nese momento, a Garda Civil captou unha motocicleta circulando en dirección Asturias a unha velocidade de 172 km/h cando a velocidade máxima no tramo de vía é de 50 km/h.
Unha patrulla conseguiu identificar o condutor do vehículo que resultou ser un veciño de San Tirso de Abres, de 18 anos. Polos feitos, procedeuse á súa imputación en calidade de investigado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva.