InicioSucesosFalece un viveirense tras chocar un coche cunha vaca na A-8

Falece un viveirense tras chocar un coche cunha vaca na A-8

Outros tres homes viaxaban no vehículo e resultaron feridos de gravidade

Publicada o

- Advertisement -

Un viveirense afincado en Lugo de 54 anos, M. G. L., faleceu nun accidente de tráfico na A-8 á altura de Quijas (Cantabria).

O sinistro produciuse sobre as 23.45 horas do mércores, cando o turismo no que viaxaba, un Audi A6, bateu contra unha vaca.

Outros tres homes ocupaban o coche no momento do sinistro. Resultaron feridos de gravidade e foron trasladados a un hospital.

ADVERTENCIA

Segundo informou minutos antes, a Garda Civil recibira aviso de que o animal estaba na vía e iniciara o protocolo para evitar accidentes, alertando da súa presenza nos paneis da autoestrada.

Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...