Aberto un paso para ambulancias xunto á praia da Areoura despois do corte na N-642 por un afundimento do firme

Ante esta situación, o Ministerio trasladou que xa traballan na zona "con medios materiais e humanos" e analiza as distintas solucións ao problema "para que as afeccións sexan as mínimas posibles".


As ambulancias que circulen en dirección ao Hospital da Mariña, en Burela, poderán evitar os desvíos alternativos propostos polo Ministerio de Transportes (Mitma) tras o corte da estrada N-642, que permanece cortada ao tráfico á altura do acceso a Burela desde Foz debido a unha focha producida polas fortes choivas caídas na zona nos últimos días.

Para iso, habilitouse para o transporte sanitario un paso próximo, nas inmediacións da praia de Areoura, co obxectivo de que as ambulancias poida chegar ao hospital comarcal canto antes.

Para os demais vehículos, o Mitma decidiu desviar o tráfico pola estrada LU-162 e a LU-P-1502. Así, desde Cangas de Foz, o roteiro do itinerario recomendado pasa polas estradas LU-162, cara a Ferreira do Valadouro, e LU-P-1502, en sentido Burela.

De maneira alternativa, desde a LU-162 en Ferreira do Valadouro, o itinerario poderá continuar pola LU-161 e a LU-540 ata Viveiro, para incorporarse novamente á N-642 a través da CG-2.3 en Xove.

Así mesmo, Mitma confirmou que o corte total responde ao “embalsamento de auga derivada dos últimos episodios de intensas choivas na marxe esquerda desta estrada e a aparición de gretas e unha focha, no punto quilométrico 42,3”.

Ante esta situación, o Ministerio trasladou que xa traballan na zona “con medios materiais e humanos” e analiza as distintas solucións ao problema “para que as afeccións sexan as mínimas posibles”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here